Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PARQUE DE FREIXEIRO ACOLLE ESTE VENRES UNHA TARDE DE ACTIVIDADES DE BENESTAR AO AIRE LIBRE
O Concello de Narón organiza este venres 12 de xuño unha xornada de actividades gratuítas no Parque de Freixeiro enmarcada no programa municipal Escola de Benestar.
Martes, 9 de xuño de 2026. De 16:00 a 20:00 horas, este espazo verde acollerá propostas de movemento, atención plena e saúde mental dirixidas tanto a familias como a persoas adultas, nun formato pensado para desconectar e coidarse nunha contorna natural. A primeira sesión da tarde será un "Paseo do Benestar", unha ruta circular sinalizada polo parque que estará dispoñible durante toda a xornada. Máis que un simple paseo, o percorrido inclúe unha breve exposición sobre saúde mental integrada no propio camiño, de xeito que as persoas participantes poidan reflexionar mentres se moven ao aire libre e ao seu propio ritmo. Ás 17:00 horas dará comezo o obradoiro "Atención Plena en Familia", destinado a familias con nenos e nenas de entre 3 e 12 anos. Durante unha hora e cuarto, ata as 18:15 horas, traballaranse técnicas de mindfulness adaptadas á presenza de cativos, nun espazo que convida á calma e á conexión entre pais, nais e fillos/as e para o que se recomenda levar esteira ou toalla. Media hora despois, ás 18:30, será a quenda das persoas adultas co obradoiro "Benestar e Movemento", unha sesión de actividade física ao aire libre que se prolongará ata as 19:30 horas. Estes dous obradoiros teñen prazas limitadas e é imprescindible reservar con antelación a través de WhatsApp no número 644 747 889. Para pechar a tarde, ás 19:30 horas celebrarase o "Sorteo do Benestar", no que se repartirán premios entre todas as persoas participantes nas actividades da xornada.
Descarga de archivos
Tamaño:3,17 MB

<<< Xuño 2026 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
naron.gal