A praza da Gándara acolle este sábado a partir das 17 horas a final rexional da “Dupla batalla de maestros”, competición de rap por parellas na que participarán persoas chegadas de toda Galicia.
A parella gañadora desta xornada será ademais quen represente a Galicia na final estatal da disciplina. O evento foi presentado esta mañá polo concelleiro de Mocidade, Ibán Santalla, acompañado de Pablo Romero, membro da organización do mesmo. O programa complétase coa actuación do grupo “Lima”.