Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O JAZZ DE RÍA REGRESA DO 15 AO 19 DE AGOSTO COS CONCERTOS E ACTIVIDADES NA COSTA ÁRTABRA
Cinco días de propostas musicais sorprendentes en escenarios privilexiados de Valdoviño, Cedeira, Neda e Narón, acompañadas de actividades para descubrir o patrimonio natural e histórico destas localidades
Do venres 15 ao martes 19 de agosto, Narón, Neda, Valdoviño e Cedeira serán de novo os escenarios do Jazz de Ría, que en breve anunciará as primeiras confirmacións da súa novena edición na que unha vez máis o cabeza de cartel será o territorio. Os enclaves patrimoniais e paisaxísticos da Costa Ártabra acollerán actividades para convidarnos a conectar co territorio e descubrir propostas musicais de artistas galegos e estatais que o festival selecciona co obxectivo de achegar o jazz a todo tipo de público. Como cada ano, o Jazz de Ría traballa nunha programación na que todos os concertos estarán coidadosamente pensados para cada unha das localizacións, co foco posto na integración no territorio e tamén en xerar o mínimo impacto. A participación da veciñanza e a recuperación da memoria volverán ser claves nesta edición na que, como de costume, todas as actividades serán abertas, gratuítas e accesíbeis. O festival continúa comprometido co obxectivo de converter as comarcas da Costa Ártabra nun territorio de referencia dentro do mapa dos festivais de jazz, cunha proposta singular na que se funden música e identidade, desde os principios da sostibilidade e a responsabilidade coa contorna natural e social.

<<< Maio 2025 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
naron.gal