Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A BIBLIOTECA ABRIRÁ MAÑÁ O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA ASISTIR ESTE SÁBADO AO CONTACONTOS "FADA DIANA"
A concelleira de Bibliotecas, Olga Ameneiro, avanzou que se trata dunha proposta dirixida a público familiar e infantil, a partir de 3 anos
Narón, 2 de xuño de 2025. A Biblioteca municipal abrirá mañá martes, 3 de xuño, ás 16:00 horas, o prazo de inscrición para asistir ao contacontos “Fada Diana”. Trátase dunha proposta que terá lugar na sala multiusos este sábado, ás 11:00 horas, e que se dirixe a público infantil -a partir de 3 anos- e familiar, tal e como indicou a concelleira de Bibliotecas, Olga Ameneiro. A actividade desenvolverase dous días despois da conmemoración do Día Mundial do Medio Ambiente e está pensada para traballar a concienciación ecolóxica cos nenos e nenas dende unha perspectiva lúdica e participativa. A Fada Diana animaráos a descubrir os segredos da reciclaxe e a lembrar que o cambio só é posible coa colaboración de todas e todos en igualdade. O espectáculo convida á participación activa do público, a través de elementos como a danza, o circo, a maxia e cancións orixinais, e transportará aos menores a un mundo máxico no que poden converterse en heroes e heroínas. A visita da Fada Diana será unha proposta chea de fantasía, música e valores. Para poder inscribirse as nenas e nenos deben ter os tres anos cumpridos e o carné da rede de bibliotecas sen sancións pendientes. Poden reservarse as prazas a partir de mañá martes ás 16:00 horas de xeito presencial ou chamando por teléfono ao número 981 382 173. A actividade está cofinanciada pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade, a través do programa Ler conta moito.

<<< Xuño 2025 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
naron.gal