Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ABRIU ESTE ANO UNHA VINTENA DE EXPEDIENTES POR INFRACCIÓNS REFERENTES A RESIDUOS NA ÁREA MEDIOAMBIENTAL
O edil de Medio Ambiente, Manuel Ramos, recordou que as sancións no ámbito local, en función da infracción, poden ascender a 3.000 euros
Narón, 18 de xuño de 2025. O Concello abriu no que vai de ano unha vintena de expedientes en materia de residuos no departamento de Medio Ambiente correspondentes a outras tantas infraccións realizadas no termo municipal. O edil responsable da área, Manuel Ramos, explicou que a maior parte dos mesmos, un total de sete, se corresponden co feito de depositar voluminosos na vía pública sen previo aviso ao servizo correspondente, dende onde se indica neste procedemento o día que pasan a recollelos para que non estean nas rúas da cidade. Así mesmo, abríronse dende o pasado mes de xaneiro catro expedientes por realizar verquidos en zonas públicas ou privadas, por exemplo depositar resto de escombros ou podas. No mesmo caso de verquidos, tamén se abriron tres expedientes por verquidos ensuciando a vía pública; outros tantos de residuos non domésticos de competencia autonómica e dous por depositar escombros no colector do lixo. O edil de Medio Ambiente recalcou que “este tipo de condutas son sancionables e así se establece na normativa, podendo alcanzar as multas que se impoñan dende o Concello os 3.000 euros e un maior importe as que se tramitan a través doutras administracións supramunicipais”. Ramos recordou que na cidade “dispoñemos dun punto limpo no polígono de Río do Pozo para depositar unha gran variedade de residuos, que permanece operativo de luns a sábados, contamos tamén cun servizo de recollida de voluminosos, de balde e que tan só require unha chamada para evitar que permanezan nas rúas durante días, renovamos os colectores para manter máis limpa a cidade…”. O concelleiro asegurou que “evitar esas sancións e coidar e respectar o medio ambiente é cousa de todas e todos, pero non se pode permitir que o incivismo dalgunhas persoas quede impune e deixar pasar de largo este tipo de infraccións”. Así mesmo, en canto á recollida de residuos sólidos urbáns o edil incidiu na importancia de que a cidadanía “non deixe as bolsas fóra dos colectores para evitar posibles focos de contaminación a nivel de salubridade”.

<<< Xuño 2025 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
naron.gal