Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A ALCALDESA ENTREGOU ONTE OS DIPLOMAS DO CAMPAMENTO DIXITAL PROGRAMADO NA CASA DA MOCIDADE
Marián Ferreiro e a edil de Ensino e Bibliotecas, Olga Ameneiro, conversaron cos participantes nesta iniciativa, impulsada por Cibervoluntarios
Narón, 26 de xuño de 2025. A alcaldesa, Marián Ferreiro, e a concelleira de Ensino e Bibliotecas, Olga Ameneiro, entregaron na tarde de onte os diplomas aos alumnos que remataron o Campamento Dixital impulsado pola Fundación Cibervoluntarios, dentro do Programa de Competencias Dixitais para a Infancia, CODI, posto en marcha polo Ministerio de Juventud e Infancia, financiado pola Unión Europea-Next Generation. Un total de once menores, de entre 9 e 11 anos, remataron esta iniciativa, que se levou a cabo na Casa da Mocidade, na Gándara, entre os meses de maio e xuño deste ano. A temática destes campamentos foron as competencias dixitais e contou con formadores especializados para ensinarlles aos participantes a buscar información valiosa en Internet, hábitos saudables, xerar pensamento crítico para identificar novas falsas, coñecer profesións emerxentes, así como competencias dixitais para a búsqueda de emprego, entre outros obxectivos encamiñados a realizar un uso responsable de internet. As nenas e nenos recibiron un certificado DigComp 2.2 de nivel intermedio, no que se especificaban as horas cursadas e a puntuación obtida en cada caso sobre a utilización das Tecnoloxías da Información e as Comunicacións dentro do marco europeo. A alcaldesa interesouse por coñecer de primeira man a impresión das nenas e nenos sobre esta iniciativa, valorándoa moi positivamente todas e todos os participantes.

<<< Xuño 2025 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal