Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ABRE O PRAZO DE RECOLLIDA DE PROPOSTAS SOBRE DÚAS NORMAS XURÍDICAS DO PLAN NORMATIVO
A concelleira de Participación Cidadá, Olga Ameneiro, indicou que as achegas se poden realizar a través da plataforma cidadá Narón Participa
Narón, 3 de xullo de 2025. O proceso de definición de dúas normas xurídicas incluídas no Plan Normativo de Narón para este ano 2025 abriu o prazo de consulta previa a súa redacción, coa recollida de propostas e suxerencias para a elaboración de dous regulamentos municipais, no que poderá participar a cidadanía ata o vindeiro 16 de xullo, tal e como indicou a concelleira de Participación Cidadá, Olga Ameneiro. A través da plataforma e dirección naronparticipa.gal poderanse presentar suxerencias ou propostas ao regulamento do Arquivo municipal e ao regulamento de actividades de conciliación. O trámite ábrese con carácter previo á elaboración das normas polos distintos servicios administrativos. Unha vez redactados os borradores desas disposicións (á vista das suxerencias no seu caso recibidas da veciñanza) abrirase unha nova fase participativa de audiencia, para o seu posterior tratamento plenario para someter estes regulamentos a aprobación inicial. Posteriormente, os acordos publícanse no Boletín Oficial da Provincia e permanecen un mes a exposición pública a efectos de posibles alegacións. Finalmente someteranse a aprobación definitiva no pleno. En canto ao regulamento do Arquivo municipal apóstase por elaborar unha normativa que afronte os retos plantexados polo novo escenario nesta área, coa incorporación das Tecnoloxías da Información e Comunicación (TIC), os novos modelos de xestión, a heteroxeneidade dos documentos das administracións públicas… Así mesmo, en canto ao regulamento de actividades de conciliación, elaborarase unha normativa específica municipal sobre o desenvolvemento das diferentes convocatorias de actividades de conciliación en períodos de vacacións escolares e impulsadas dende o Servizo Sociocomunitario. Mediante este regulamento regularanse para dotalos de seguridade xurídica. Dende o goberno local recordouse que poden participar na elaboración das normas propostas persoas maiores de 16 anos empadroadas en Narón ou organizacións e asociacións legalmente constituídas e potencialmente afectadas polas mesmas.

<<< Xullo 2025 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
naron.gal