Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN NAS ACTIVIDADES DO PROGRAMA MUNICIPAL DE ENVELLECEMENTO ACTIVO E NAS DE CARÁCTER INTERXERACIONAL
A concelleira de Benestar Social, María Lorenzo, recordou que se levarán a cabo no Centro Comunitario Manuela Pérez Sequeiros e en centros comunitarios da zona urbana e rural
Narón, 22 de xullo de 2024. A concelleira de Benestar Social, María Lorenzo, recordou que permanece aberto ata finais deste mes o prazo de inscrición nas actividades do curso 2025-2026 do programa municipal de Envellecemento Activo. Desenvolveranse no Centro Comunitario Manuela Pérez Sequeiros, no centro das Vivendas da Mariña e en centros cívicos sociais da zona urbana e rural, ao igual que en anos anteriores. Trátase de propostas dirixidas a persoas maiores de 60 anos, empadroadas en Narón, no caso deste programa, se ben as actividades interxeracionais do programa comunitario diríxense a persoas de todas as idades, tendo preferencia tamén as empadroadas na cidade. As inscricións deben formalizarse nas oficinas do Centro Comunitario Manuela Pérez Sequeiros, en horario de 10:00 a 13:30. Estes programas ofertan diversas propostas, como ximnasia rehabilitadora, pilates, bailes de animación, redes sociais (informática), e ioga.. Así mesmo, contémplanse outras actividades, como obradoiros de móvil, de memoria e cantos de taberna e propostas de balde como informática ou obradoiros de lectoescritura, o de enredamos, e o de acompañando na soidade. Todas elas se impartirán no Centro Comunitario Manuela Pérez Sequeiros. As actividades descentralizadas nos centros cívicos sociais da zona urbana e rural serán as de ximnasia rehabilitadora, ioga, labores –de balde- e memoria. A concelleira de Benestar Social, María Lorenzo, incidiu en que se trata de propostas “que ano tras ano teñen moi boa acollida entre a cidadanía” e que se programan “co fin de mellorar a calidade de vida das persoas, favorecendo as oportunidades para unha vida saudable e participativa”.

<<< Xullo 2025 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
naron.gal