Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O FESTIVAL GULLIVER FEST CONTINÚA EN PEDROSO OFRECENDO MÚLTIPLES PROPOSTAS CULTURAIS, DEPORTIVAS E CHARLAS VIAXEIRAS DURANTE TODA A FIN DE SEMANA
A alcaldesa, Marián Ferreiro, estivo esta mañá no evento, organizado polo Concello, os padroados de Cultura e Deportes e a Asociación Furgo Galicia
Narón, 8 de agosto de 2025. A sexta edición do festival da cultura viaxeira Gulliver Fest iniciouse onte na área recreativa de Pedroso cunha sesión de cine familiar e música a cargo de La Duendeneta. A alcaldesa, Marián Ferreiro, desprazouse este mediodía á zona, na que continuaba desenvolvéndose unha programación que incluíu ioga dende primeira hora da mañá, un obradoiro de identificación de plantas medicinais, un documental, xogos tradicionais, un obradoiro de como crear historias e música con La Duendeneta. Numerosas persoas chegadas de diferentes puntos de Galicia e doutras comunidades e países, desfrutan dende onte desta proposta do Concello, dos padroados de Cultura e Deportes e a Asociación Furgo Galicia, que se prolongará durante toda a fin de semana. Máis de 400 furgonetas nos espazos habilitados, as 100 prazas da zona de acampada ocupadas e a decena de glamping tamén ao completo, constatan o éxito desta convocatoria. Pola tarde continuarán as propostas cunha sesión de maxia a partir das 16:00 horas e a continuación as charlas viaxeiras de Bea González, Rubén Prieto e persoal de Wornature, que contarán as súas experiencias viaxeiras polo moundo e, no último caso, técnicas básicas de adaptación física e mental na supervivencia. A música regresará pola tarde-noite, a partir das 20:00 horas, cos concertos de La Duendeneta, Shurg´Band e Tandub. Na xornada de mañá sábado unha sesión de ioga volverá a abrir a programación ás 9:00 horas, para continuar cunha carreira de orientación ás 10:00 horas –para a que é preciso inscribirse previamente na zona-, a charla viaxeira de Fernando Castiñeiras, teatro e música con La Duendeneta. Pola tarde continuarán as charlas, o teatro, un obradoiro de creación de chapas do Gulliver e as charlas viaxeitas de Sara Qiu e Walter Astrada ata a chegada, ás 20:00 horas, de Gulliver acompañado por Teshuva Band e os concertos da noite con Shake, La Duendeneta e La Regadera. A programación rematará o domingo á noite, con propostas que se sucederán dende as 9:00 horas, con ioga, un obradoiro de retratos, teatro e música ao mediodía e á tarde noite con Batukada Latexo, Gramola Gominola, Monoulious Dop, La Duendeneta e The Locos. Todas as propostas están abertas á participación da cidadanía en xeral e complétanse cunha variada oferta gastronómica para poder comer na zona e tamén de postos de venda de artículos de artesanía, un espazo da Biblioteca municipal, etc. Dende o Concello animouse á cidadanía a acudir a desfrutar da programación deste festival, que se pode consultar ao completo a través da web: gulliverfest.naron.gal.

<<< Agosto 2025 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
naron.gal