Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
UNHAS 800 PERSOAS PARTICIPAN NAS ACTIVIDADES DO PROGRAMA MUNICIPAL DE ENVELLECEMENTO ACTIVO
A concelleira de Benestar Social, María Lorenzo, destacou a ampla oferta de actividades que se ofertan na zona urbana e rural da cidade
Narón, 10 de setembro de 2025. A pasada semana comezaron a impartirse as actividades do programa municipal de Envellecemento Activo, nas que este ano participan preto de 850 maiores, tal e como informou a concelleira de Benestar Social, María Lorenzo- As sesión impartiranse ata finais de xuño do vindeiro ano no Centro Comunitario Manuela Pérez Sequeiros; no Centro de Maiores das Vivendas da Mariña e nos centros cívicos sociais de Doso, Freixeiro, O Val, Castro, Pedroso, Piñeiros, San Mateo, San Xiao, Santa Icía, Sedes, Xuvia, Alto do Castiñeiro e nas instalacións da AVV Virxe do Mar. A través deste programa municipal ofrécense clases de ioga, pilates, memoria, ximnasia rehabilitadora, labores, apoio á informática, lectura e escritura, o obradoiro enredamos, cancións de animación e a iniciativa acompañándonos na soidade bailes de animación, redes sociais e internet, cantos de taberna e manexo do móvil. As diferentes propostas desenvólvense en horario de mañá ou tarde e de luns a venres, en función da ubicación elixida. O programa de Envellecemento activo oferta múltiples actividades dirixidas inicialmente ás persoas maiores de 60 anos empadroadas en Narón, aínda que sempre que quedan vacantes se abre a opción para que poidan acudir as maiores de 60 empadroadas noutros concellos ou menores que cumpran os requisitos establecidos, tal e como recordou a edil de Benestar Social. No caso do programa comunitario, non se fixa o requisito da idade, tratándose de propostas de carácter interxeracional, abertas á cidadanía en xeral. “É unha moi boa nova o feito de que máis de 800 persoas se sumen a este programa municipal a través do que queremos ofrecerlles unha serie de propostas cunha temática moi variada nas que poidan aprender e divertirse ao mesmo tempo”, asegurou María Lorenzo. A concelleira naronesa destacou a variedade da oferta de actividades que se ofrecen e tamén o feito de poder desenvolvelas en diferentes espazos municipais da zona urbana e rural, “facilitando así a asistencia daquelas persoas interesadas en acudir evitando grandes desprazamentos dos seus lugares de residencia”.

<<< Setembro 2025 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal