Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
UNHA TRINTENA DE ANTICUARIOS DARANSE CITA ESTA FIN DE SEMANA NA FEIRA DE ANTIGÜIDADES, COLECCIONISMO E VINTAGE
A concelleira de Feiras, Mar Gómez, recordou que a feira, con entrada de balde, estará aberta en horario de mañá e tarde o sábado e o domingo
Narón, 11 de setembro de 2025. O pavillón da Mocidade, na Gándara, acollerá esta fin de semana, o sábado e o domingo, a sexta edición da Feira de antigüidades, coleccionismo e vintage. A concelleira Feiras, Mar Gómez, informou que participarán no evento unha trintena de anticuarios chegados de diferentes localidades e recordou que a entrada é de balde. A feira permanecerá aberta ao público de 10:00 a 14:00 e de 16:30 a 21:00 horas en ambas xornadas. As persoas que se acheguen ao evento poderán ver unha gran variedade de artigos de coleccionistas locais, da comarca de Ferrolterra, e outros procedentes de comunidades como Asturias, Cantabria, País Vasco e Castela León e mesmo doutros países como Portugal (Oporto). A exposición contará cunha superficie de 1.200 metros cadrados, nos que se poderán ver moedas antigas, mobiliario, libros, pezas de decoración, selos, discos… A concelleira de Feiras recalcou que “este é un dos eventos máis concorridos da cidade, que dende o primeiro ano recibiu unha gran cantidade de visitas e que supón tamén unha moi boa oportunidade para os coleccionistas que participan, tal e como nos trasladaron en anteriores ocasións”. A concelleira destacou o labor da Asociación Ferro Vello “por ofrecernos todas as facilidades á hora de poder convocar este evento na cidade” e animou ás veciñas e veciños interesados nas antigüidades e nos artigos para coleccionistas e vintage a achegarse esta fin de semana ao Pavillón da Mocidade.

<<< Setembro 2025 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal