Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A ALCALDESA REUNIUSE CON DOCENTES E ESCOLARES TURCOS QUE PARTICIPARON NUN INTERCAMBIO CO COLEXIO PONTE DE XUVIA
Marián Ferreiro desprazouse ao centro co edil de Seguridade Cidadá, José Oreona
Narón, 26 de setembro de 2025. A alcaldesa, Marián Ferreiro, e o edil de Seguridade Cidadá, José Oerona, desprazáronse esta mañá ao colexio Ponte de Xuvia para despedir a un grupo de docentes e escolares turcos que estiveron esta semana na cidade. A súa estadía coincide coa realización dun proxecto destinado a incrementar a interacción social entre estudantes con necesidades especiais e outros escolares mediante un método de ensino entre iguais. A rexedora local deu a benvida a Mustafa Bayrarakci, Serdar Atli, Ayse Önder e Binnaz Akbay e conversou con eles e con Maricarmen Vázquez, directora do centro, para intercambiar impresións. Os mestres turcos chegaron acompañados por nove menores o pasado luns, e ao longo da semana estiveron coñecendo parte do traballo que se desenvolve en Educación Viaria nese centro, da man de Sonia López e Pedro Caneiro, que durante anos formou tamén parte deste equipo e veu medrar o proxecto. O colectivo turco, todos eles visitantes de Narón por vez primeira, asegurou estar moi agradecido polo recibimento destes días na cidade, onde participaron nunha videoconferencia escolares naroneses do Ponte de Xuvia con outros de Turquía, dun colexio de Konya, unha cidade de preto de 1,5 millóns de habitantes; en actividades compartidas coa Dirección Xeral de Tráfico, realizaron percorridos por outras localidades da comarca… Ferreiro agradeceulles a súa visita á cidade e interesouse por coñecer as súas impresións durante esta semana, tanto pola cidade como polo traballo que dende o Consistorio se impulsa en materia de educación viaria. Os profesores turcos destacaron a importancia do labor que se desenvolve nesta área cos nenos e nenas e aseguraron levar unha moi boa impresión de Narón. Na xuntanza mantida esta mañá os representantes turcos entregaron á alcaldesa un agasallo institucional, ao que Ferreiro correspondeu coa entrega dun libro con imaxes da cidade e unha lámina realizada polo artista Leandro Lamas.

<<< Setembro 2025 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal