Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO DE NARÓN CHAMA ESTE 25N A ACTUAR E NON CALAR FRONTE ÁS VIOLENCIAS MACHISTAS
Narón conmemora o Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres cun amplo programa que, segundo explicou a concelleira de Igualdade María Lorenzo, “busca implicar a veciñanza, especialmente a mocidade, na reflexión e na prevención das violencias machistas”.
As actividades, que se van desenvolver ata o próximo 29 de novembro, combinan accións formativas en centros educativos de Narón, visibilización en espazos públicos e diferentes accións polo 25N, entre elas a da Marcha Mundial das Mulleres que este ano escolleu Narón para o seu acto central na comarca. O programa comeza este venres 21 de novembro ás 17:00 horas cunha charla informativa sobre o Centro de Crise 24 horas no Centro comunitario Manuela Pérez Sequeiros. Nel darase conta do funcionamento deste servizo de atención permanente, confidencial e gratuíta a mulleres vítimas de violencia sexual. A seguir, os días 22 e 29 de novembro, de 10:00 a 13:00 horas, comeza a impartirase un Obradoiro de defensa persoal para mulleres no Centro cívico social do Alto. O curso está pensado para fortalecer a autoconfianza das mulleres e ofrecerlles ferramentas prácticas de autoprotección. O día 25 de novembro celebraranse os actos centrais desta xornadas reivindicativas. Ás 18:45 horas, representantes do Concello de Narón realizarán unha ofrenda floral na Praza da Gándara, diante do Monumento á Mulleres, en lembranza de todas as vítimas de violencia machista. A continuación, terá lugar unha performance da Marcha Mundial das Mulleres que este ano celebra o seu 25 aniversario e que escolleu Narón para o seu acto central na comarca no que tamén se lerá un manifesto. Este ano, como acción simbólica de visibilización e compromiso permanente, o Concello instalará na contorna do monumento á muller un banco contra a violencia de xénero, que funcionará como elemento de lembranza e sensibilización. O novo banco incorporarase como espazo fixo de referencia na praza, cunha mensaxe contra as violencias machistas. Durante varias xornadas, o persoal do Servizo Sociocomunitario Municipal de Narón instalará puntos violeta en centros educativos do municipio. Tralos CPR Ayala e IES As Tellerias, este 24 de novembro será a quenda do CPR Jorge Juan e CPI O Feal e o 25 do IES Terras de Trasancos e CPR Santiago Apóstol. Neses espazos trabállanse co alumnado e co profesorado contidos sobre como detectar e frear diferentes tipos de violencia machista (física, psicolóxica, sexual, económica, dixital, vicaria ou LGTBIfóbica) ou tamén de cales son os perigos das relacións controladoras normalizadas como “amor romántico”. As actividades están baseadas nos materiais elaborados polo servizo comunitario municipal: “O poder contra as violencias machistas: como actuar” e “Violencias sexuais e consentimento” que inclúen recursos, teléfonos de axuda e recomendacións prácticas. A programación municipal deste 25N aposta por unha mensaxe directa: calquera persoa pode contribuír a previr e frear as violencias machistas. O Concello subliña que se trata dun problema social e non individual, polo que “non calar, acompañar e apoiar” son pasos fundamentais para avanzar cara á igualdade real.

<<< Novembro 2025 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
naron.gal