Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
AS ASOCIACIÓNS DE NARÓN TEÑEN ATA O 31 DE MARZO PARA ACTUALIZAR OS SEUS DATOS NO REXISTRO MUNICIPAL
O Concello de Narón lembra ás entidades inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións que teñen ata o próximo 31 de marzo para realizar a actualización anual de datos, un trámite obrigatorio para todas as asociacións rexistradas.
A xestión debe facerse a través da sede electrónica municipal, no procedemento “Actualización anual de datos no rexistro municipal de asociacións” (S-ASI-11), dispoñible no apartado de Secretaría Xeral, e require acceder co certificado dixital da entidade ou co certificado dixital de representante de persoa xurídica. Dende o programa da Escola de Participación municipal ofrecen apoio ás entidades que precisen axuda para completar o proceso. As asociacións poden resolver dúbidas ou solicitar acompañamento a través do correo electrónico escolaparticipacion@naron.gal ou no teléfono 603 86 54 13, tamén dispoñible por WhatsApp. Antes de iniciar o trámite recoméndase comprobar que o certificado dixital da asociación está en vigor, xa que non é válido empregar o certificado persoal. Este documento, que caduca cada dous anos, debe estar emitido a nome da persoa que ocupa o cargo na Presidencia ou Secretaría da entidade. Ademais, cómpre preparar previamente a documentación requirida, entre a que se inclúe o documento de actividades anual e o orzamento previsto para o exercicio, desglosado en ingresos e gastos. No caso de que se producisen cambios na xunta directiva, deberá achegarse a acta na que conste esa modificación ou ben un certificado emitido pola Secretaría que acredite a composición actual da directiva, así como información actualizada sobre o número de persoas socias. Unha vez reunida a documentación, as entidades deberán acceder á sede electrónica do Concello de Narón, localizar o trámite S-ASI-11 e premer na opción “Tramitar agora”. A continuación deberán identificarse co certificado da entidade e seguir os pasos indicados polo procedemento. Tras o peche do prazo de actualización, o Concello publicará na sede electrónica a relación de entidades que teñen a documentación correctamente actualizada e tamén aquelas que deban emendar algún aspecto. Neste caso abrirase un prazo de dez días hábiles para presentar as correccións necesarias.

<<< Marzo 2026 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
naron.gal