Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O TENIS DE MESA GALEGO CITA EN NARÓN AS PROMESAS DA BASE ESTA FIN DE SEMANA
O Pavillón do Campo da Serra de Narón será escenario esta fin de semana, o sábado 14 e domingo 15 de marzo, dos Campionatos Galegos Infantil e Sub-23 por equipos e do Campionato Galego Absoluto de Dobres de tenis de mesa, unha cita que reunirá a deportistas de diferentes puntos de Galicia.
A competición está organizada polo Club Narón de Tenis de Mesa e a Federación Galega de Tenis de Mesa, coa colaboración do Padroado de Deportes do Concello de Narón. A presentación do evento correu a cargo do concelleiro de Deportes, Ibán Santalla, e do presidente do Club Narón de Tenis de Mesa, Fernando Montero. O torneo desenvolverase durante toda a fin de semana. O sábado as probas comezarán ás 9.00 horas, mentres que o domingo arrancarán ás 10.00, prolongándose a competición ata aproximadamente as 18.30 horas, cando está previsto que rematen as finais. No referente ás competicións por equipos, participarán seis infantís masculinos e seis femininos, así como seis equipos sub-23 masculinos e seis femininos, procedentes de clubs de Narón, Pontevedra, Lugo e Ares. Ademais, disputarase o Campionato Galego Absoluto de Dobres, no que tomarán parte 72 parellas: 32 na categoría masculina, 20 na feminina e 20 na modalidade mixta. O presidente do Club Narón de Tenis de Mesa, Fernando Montero, explicou que a competición reunirá a algúns dos xogadores máis destacados destas categorías en Galicia. “Van participar equipos e deportistas de diferentes clubs das provincias da Coruña, Lugo e Pontevedra, o que permitirá ver en Narón un alto nivel competitivo tanto nas probas por equipos como nas de dobres”, sinalou. Pola súa banda, o concelleiro de Deportes, Ibán Santalla, destacou a importancia de acoller este tipo de eventos deportivos no municipio. “Desde o Concello queremos agradecer o traballo que realiza o Club Narón de Tenis de Mesa ao longo de todo o ano, especialmente na promoción do deporte base. Actividades como este campionato permiten fomentar a práctica deportiva entre a mocidade e tamén sitúan a Narón como un referente na organización de competicións deportivas en Galicia”, subliñou. O campionato será de acceso libre para o público, que poderá achegarse ao pavillón e seguir en directo as diferentes probas ao longo da fin de semana.
Descarga de archivos
Tamaño:497,56 KB

<<< Marzo 2026 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
naron.gal