NARÓN SÚMASE Á CELEBRACIÓN DO DÍA INTERNACIONAL DO POBO XITANO CUNHA CERIMONIA NO RÍO ORGANIZADA POR AFA
O Concello de Narón participa este mércores, 8 de abril, na Cerimonia do Río organizada por Acción Familiar (AFA) Ferrol con motivo do Día Internacional do Pobo Xitano. O acto terá lugar ás 17:00 no Río Freixeiro, preto do parque, e inclúe a lectura dun manifesto e a ofrenda de pétalos.
Miércoles, 8 de abril de 2026. A concelleira de Igualdade e Benestar Social de Narón, María Lorenzo, que anima a veciñanza a acudir a este evento, destaca que: "O Día Internacional do Pobo Xitano é unha oportunidade para visibilizar a riqueza cultural e histórica desta comunidade, así como para lembrar a necesidade de combater os estereotipos e a discriminación que aínda existen”. Lorenzo remarca que “Reivindicar este día é reafirmar o noso compromiso coa igualdade e a diversidade, e recoñecer que a inclusión social é responsabilidade de todas”.
A Cerimonia do Río pretende ser un espazo de encontro e memoria, no que se poida homenaxear o pobo xitano e reforzar os lazos de colaboración entre a comunidade e as entidades locais que traballan pola súa visibilidade e dereitos.