Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A ALCALDESA DE NARÓN RECIBE UNHA REPRESENTACIÓN DE ASPANEPS CON MOTIVO DO SEU 45+1 ANIVERSARIO
A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, recibiu este luns no Concello unha representación da asociación Aspaneps, entidade sen ánimo de lucro de referencia na comarca no ámbito da atención a persoas con discapacidade intelectual e do apoio ás familias.
Luns, 20 de abril de 2026. Aspaneps desenvolve desde hai máis de catro décadas un traballo centrado na inclusión social, a atención temperá, o acompañamento educativo e o impulso de servizos e actividades orientadas a mellorar a calidade de vida de persoas con diversidade funcional e da súa contorna familiar. A entidade mantén unha relación estable e continuada co Concello de Narón, que vén colaborando con diferentes iniciativas, programas e accións de sensibilización e apoio ao longo dos anos. A xuntanza enmárcase na preparación da conmemoración do 45+1 aniversario de Aspaneps, unha efemérede coa que a asociación quere poñer en valor a súa traxectoria e evolución, así como reforzar o seu compromiso de futuro. O acto central terá lugar o próximo 16 de outubro en Ferrol e contará coa participación de profesionais, familias e especialistas vinculados aos ámbitos da infancia, a xuventude e a discapacidade. Durante o encontro, a alcaldesa agradeceu a invitación e destacou a importancia do labor que realiza a entidade na comarca, subliñando o papel esencial que desempeña na construción dunha sociedade máis inclusiva. Marián Ferreiro puxo en valor a colaboración entre Aspaneps e o Concello de Narón, “unha relación consolidada ao longo do tempo que permite avanzar en políticas sociais máis próximas, humanas e eficaces”, e expresou o apoio municipal a esta celebración como recoñecemento á traxectoria da entidade.

<<< Abril 2026 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal