Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
MARIÁN FERREIRO VISITA XUNTO AO PRESIDENTE DA XUNTA AS INSTALACIÓNS DO GRUPO CÁNDIDO HERMIDA EN NARÓN
A alcaldesa acudiu convidada polo empresario con motivo da visita institucional de Alfonso Rueda a esta compañía naronesa, provedora de Inditex e recoñecida en xaneiro pola Confederación de Empresarios da Coruña.
Mércores, 22 de xullo de 2026. A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, percorreu este xoves as instalacións do Grupo Cándido Hermida no polígono de Río do Pozo, convidada polo propio empresario con motivo da visita institucional do presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, a esta compañía naronesa, referente no deseño e fabricación de solucións para os sectores retail, horeca e naval, e provedora de Inditex entre outras marcas internacionais como Loewe ou Michael Kors. Ao acto acudiu tamén a conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, e a concelleira de Promoción Económica de Narón, Olga Ameneiro, ademais dos alcaldes de Ferrol e San Sadurniño, a delegada da Xunta, Martina Aneiros e outros representantes locais. A visita chega poucos meses despois de que Cándido Hermida recibise, o pasado mes de xaneiro, o premio ao liderado da XV edición dos galardóns da Confederación de Empresarios da Coruña (CEC), na que o propio Rueda recoñeceu publicamente a súa traxectoria como exemplo do esforzo, a humildade e o compromiso empresarial coa súa terra de orixe. Durante a súa visita, o presidente da Xunta destacou a capacidade do empresario para converter unha iniciativa persoal, iniciada aos 45 anos, nunha grande industria con presenza en máis de 500 cidades de 80 países, sen esquecer a súa orixe como ebanista. "A visita a unha empresa como o Grupo Cándido Hermida é un recoñecemento máis ao dinamismo económico de Narón e ao traballo de empresas que, como esta, xeran emprego e se teñen convertido nun referente internacional dende o noso concello", sinalou Marián Ferreiro. Ferreiro trasladou a Cándido Hermida os seus parabéns pola súa traxectoria e resaltou importancia da súa compañía no tecido produtivo local, lembrando que se instalou no polígono de Río do Pozo hai case dúas décadas e que, hoxe, é un dos motores industriais da comarca de Ferrolterra, ademais de ser pioneira na colaboración coa FP Dual, unha modalidade formativa que facilita a inserción laboral das novas xeracións. Pola súa banda, a concelleira de Promoción Económica, Olga Ameneiro, destacou o compromiso do Concello de Narón coas empresas asentadas no municipio e a disposición do Goberno municipal a seguir traballando conxuntamente coa Xunta de Galicia para reforzar o desenvolvemento económico local.

<<< Xullo 2026 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
naron.gal