Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ÚLTIMOS DÍAS PARA ANOTARSE NA ANDAINA INCLUSIVA DE CORES DE NARÓN
A actividade, organizada polo Concello e ASCM, celébrase este domingo 4 de outubro no Paseo Marítimo de Xuvia. O prazo de inscrición remata este venres, día 2.
Luns, 28 de setembro de 2026. O Concello de Narón lembra que o prazo para se inscribir na Andaina Inclusiva de Cores, organizada xunto coa Asociación Sociocultural ASCM, remata este venres 2 de outubro, ás 14:00 horas. A actividade celébrase o domingo 4 de outubro no Paseo Marítimo de Xuvia. A andaina está deseñada como unha actividade inclusiva, aberta a persoas con e sen discapacidade de todas as idades. Baixo o lema "1 km de diversión, mil cores, unha mesma causa: a inclusión", a proposta busca sensibilizar e construír entre todas as persoas unha sociedade máis inclusiva. Aproximadamente cada cen metros, as persoas que participen na andaina atoparán un punto de lanzamento de pos de cores. Trátase de pos holi, elaborados a base de amidón de millo e de uso específico para eventos deste tipo. O punto de entrega de material abrirá a partir das 16:00 horas e a saída está prevista para as 17:30 horas. A inscrición custa 10 euros e inclúe un kit con agasallos para gozar dunha xornada chea de cor e diversión. Máis información e inscricións no teléfono 604 055 703, no correo info@ascmgalicia.org, a través do código QR do cartel ou na ligazón https://acesse.one/inscricionsandaina.
Descarga de archivos
Tamaño:151,30 KB

<<< Setembro 2026 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal