Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
UNHA UNIDADE MÓBIL PARA A DOAZÓN DE SANGUE VISITA NARÓN ESTE MÉRCORES
O vehículo estará aparcado a carón do Centro de Saúde en horario de mañá e de tarde, de 9:30 a 14:30 e de 15:30 a 21:00 horas.
Martes, 13 de octubre de 2026. A Axencia Galega de Doazón de Órganos, Sangue e Tecidos (ADOS) instalará este mércores 14 de outubro unha unidade móbil en Narón, a carón do Centro de Saúde. Poderase doar de 09:30 a 14:30 e de 15:30 a 21:00 horas, dentro da campaña “Doa sangue, un alento de vida”. Poden doar as persoas de entre 18 e 70 anos que teñan boa saúde e pesen máis de 50 quilos. O proceso leva uns 15 minutos e antes de doar un médico revisa o estado de saúde de cada persoa: mide o pulso, a tensión e o nivel de hemoglobina para descartar unha anemia. ADOS lembra que convén ir doar ben hidratado, con auga ou refrescos, e que non se debe acudir en xaxún. Quen doe pola mañá ten que almorzar antes, e quen o faga pola tarde debe agardar dúas horas despois de xantar. En ambos os casos, é mellor evitar unha comida copiosa. Hai que levar a tarxeta de doazón, o DNI ou calquera outro documento que identifique a persoa doante, e informar o persoal médico se se está a tomar algún medicamento. En Galicia fan falta máis de 400 doazóns de sangue cada día para atender as urxencias, as intervencións cirúrxicas e os doentes de cancro ou leucemia que necesitan compoñentes sanguíneos. Cada doazón permite obter tres compoñentes (plasma, plaquetas e glóbulos vermellos) que se empregan no tratamento de diferentes enfermidades. Cada ano, as doazóns axudan a uns 30.000 pacientes. Para máis información, pódese chamar ao teléfono gratuíto 900 100 828 ou consultar a web ados.sergas.gal.
Descarga de archivos
Tamaño:1,40 MB

<<< Outubro 2026 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
naron.gal