Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
XOGOS, MÚSICA TRADICIONAL E DEGUSTACIÓN DE CALLOS E BOLOS PREÑADOS PARA CONMEMORAR NA CIDADE O 23 DE NOVEMBRO, DÍA DE NARÓN
A alcaldesa, Marián Ferreiro, e a edil de Festas, Mar Gómez, presentaron esta mañá a programación
Narón, 16 de novembro de 2026. A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, presentou xunto coa edil de Festas, Mar Gómez, os actos cos que o vindeiro 23 de novembro se celebrará o Día de Narón, festividade local. Un ano máis, como se vén facendo dendo o ano 1993, a cudade celebra esta data para conmemorar que coincide coa da primeira acta oficial conservada do ano 1837. A rexedora local animou ás veciñas e veciños a desfrutar das propostas programadas, que se desenvolverán en horario de mañá e tarde na praza 23 de novembro (en caso de choiva trasladaranse ao pavillón campo da Serra). Entre as 11:30 e as 12:30 horas as persoas que se acheguen á citada ubicación poderán desfrutar de xogos populares e a partir das 12:30 horas dará comezo a actuación do grupo da Escola das cantareiras/pandereiteiras e da Banda de Gaitas do Padroado da Cultura do Cocnello de Narón. Ao mediodía, entre as 13:00 e as 15:00 horas haberá degustación de callos e bolos preñados para todas as persoas que desexen probalos. A festa continuará ao mediodía e pola tarde coa actuación do Dúo Trasnos, de música e baile tradicional, que pechará a programación do día 23 de novembro. Enmarcado nos propios actos desta festividade está tamén a xa tradicional Gala do Deporte de Narón, que alcalza este ano a súa trixésimo sétima edición e na que se premiará aos mellores deportistas e clubes do ano, culminando co nomeamento do mellor deportista de Narón. A cita será no Pazo da Cultura o venres 27 de novembro e dará comezo ás 21:00 horas. “É un día para que todas e todos amosemos en público o orgulloso pola nosa cidade, da súa historia e das súas tradicións, no que todos nos sintamos parte dela e desfrutemos xuntos dunha programación festiva”, recalcou a alcaldesa, Marián Ferreiro.
Descarga de archivos
Tamaño:3,17 MB

<<< Novembro 2026 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal