Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
UNHA TRINTENA DE MULLERES PARTICIPARON NOS OBRADOIROS DE DEFENSA PERSOAL ORGANIZADOS DENDE O CONCELLO CON MOTIVO DO 25N
A concelleira de Igualdade, María Lorenzo, felicitou ás alumnas que remataron o curso, que se desenvolveu en dúas xornadas
Narón, 21 de novembro de 2026. O Concello de Narón organizou un ano máis, con motivo do 25N, Día Internacional para a eliminación da violencia contra a muller, un obradoiro de defensa persoal dirixido a mulleres. A concelleira de Igualdade, María Lorenzo, entregou os diplomas á trintena de participantes ao rematar a convocatoria, nas instalacións do pavillón da Mocidade. As clases desenvolvéronse na tarde de onte nas instalacións do Centro Cívico Social do Alto, en horario de 16:00 a 19:00 e esta mañá, de 10:00 a 13:00 horas, no pavillón da Casa da Mocidade, na Gándara. O instrutor de Policía PSDI e experto en defensa persoal feminina José Rodríguez, e a doutora en psicoloxía Yésica Bouza, foron as dúas persoas encargadas de impartir estes obradoiros. A finalidade desta convocatoria é a de proporcionar ás mulleres (podían participar a partir de 12 anos, estando empadroadas en Narón) unha serie de técnicas coas que defenderse ante situacións como soltarse dun agarre, protexerse ante unha posible agresión, a xestión do medo… e, en definitiva, como previr, poder actuar e solventar este tipo de casos. Este mediodía a concelleira de Igualdade entregou xunto con José Rodríguez os diplomas e uns agasallos institucionais ás alumnas que realizaron esta edición do curso. María Lorenzo felicitou ás participantes neste obradoiro, destacando o feito de que lles permita “ter máis confianza nelas mesmas, dispoñendo dunha serie de técnicas para controlar posibles situacións de medo e, en definitiva, sentirse máis libre e seguras”. A edil desexou ás alumnas “que nunca lles faga falta ter que utilizar estas técnicas” e subliñou a importancia de “coñecelas e saber aplicalas no caso de que sexa necesario”.

<<< Novembro 2026 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal