O vehículo estará o luns na praza da Gándara e o martes nas inmediacións do centro de saúde, tal e como informaron dende ADOS
Narón, 27 de novembro de 2026. Unha das unidades móbiles da Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos (ADOS) desprazará unha unidade móbil á cidade de Narón os vindeiros luns e martes, día 30 de novembro e 1 de decembro, respectivamente. O luns o vehículo permanecerá operativo na Gándara, na rúa Pintor Sotomaior, en horario de 9:30 a 14:30 e de 15:30 a 21:00 horas. Así mesmo, na xornada do martes a unidade estará nas inmediacións do centro de saúde, nese mesmo horario.
As persoas doantes deberán levar tarxeta de doante, o DNI ou outro documento oficial de identificación, e informar ao persoal médico no caso de estar a seguir algún tratamento farmacolóxico. Dende ADOS lembran a importancia de manter hábitos axeitados antes de doar sangue e que as persoas que acudan pola mañá tomen o seu almorzo con normalidade, e no caso de acudir pola tarde agarden dúas horas despois do xantar.
ADOS anima a buscar 15 minutos para doar sangue e salvar vidas. Para máis información pódese contactar co teléfono gratuíto 900 100 828, visitar a web ados.sergas.gal ou as redes sociais de ADOS.