A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, reuniuse con Mª José Aneiros, Josefa Marín e María León, representantes da Asociación Dolor Persistente, ADOPE.
Dende o colectivo, de recente creación, explicaron á alcaldesa a finalidade desta nova entidade, así como as accións que están empezando a desenvolver tanto no plano reivindicativo dos dereitos deste colectivo como no do apoio as persoas doentes e as súas familias.
Ferreiro destacou a importancia de entidades como esta para dar visibilidade a un colectivo, o das persoas con dor persistente, que en moitas ocasións ten que sufrir non só a enfermidade senón a incomprensión tanto da sociedade coma dos propios servizos públicos de saúde, e felicitou a estas persoas por ter dado o paso de botar a andar a asociación.