Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO E A ASOCIACIÓN FURGO GALICIA PRESENTAN A IMAXE DA SEXTA EDICIÓN DO FESTIVAL DA CULTURA VIAXEIRA GULLIVER FEST
A alcaldesa, Marián Ferreiro, presentou a convocatoria xunto coa edil de Turismo, Natalia Hermida, e o presidente da asociación Furgo Galicia, Ángel Sánchez
Narón, 14 de marzo de 2025. A alcaldesa da cidade e presidenta do Padroado da Cultura, Marián Ferreiro, a concelleira de Turismo, Natalia Hermida, e o presidente da Asociación Furgo Galicia, Ángel Sánchez, deron a coñecer a imaxe da sexta edición do Festival da Cultura Viaxeira Gulliver Fest. A sexta edición deste concurrido evento desenvolverase do 7 ao 10 de agosto na área recreativa de Pedroso, con moitas novidades para desfrutar dunha completa programación para persoas de todas as idades e que se irá avanzando nas vindeiras semanas. Ferreiro destacou que a imaxe do festival está baseada na obra “La vuelta al mundo en 80 días”, de Julio Verne. Un deseño con moito colorido e un globo cun saxofonista como imaxe principal, en alusión ás viaxes e á música, dous dos piares desta convocatoria, tal e como recalcou a alcaldesa. Unha das principais novidades deste ano é que o festival se desenvolverá durante catro días, se ben nas anteriores edicións sempre eran tres. Este cambio permitirá, tal e como apuntou Ángel Sánchez “incrementar a programación para todos os públicos e poder desfrutar un día máis das diferentes propostas e do espectacular entorno no que se desenvolven”. Dende o Concello e a Asociación Furgo Galicia aseguraron que nas vindeiras semanas se irá avanzando a programación tamén na web e nas redes sociais do Gulliver Fest e procederase a abrir as inscricións para as zonas camper, camping e glamping.

<<< Abril 2025 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal