Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A BIBLIOTECA CONMEMORARÁ O DÍA MUNDIAL DA POESÍA CUNHA ACTIVIDADE PROGRAMADA PARA ESTE SÁBADO
A edil de Bibliotecas, Olga Ameneiro, informou da apertura mañá martes do prazo de inscrición
Narón, 17 de marzo de 2025. O Concello conmemorará o Día mundial da Poesía na Biblioteca cunha proposta que terá lugar este sábado, día 22, nas instalacións da Biblioteca municipal. A proposta, tal e como indicou a edil responsable da área, Olga Ameneiro, consistirá nun obradoiro no que se explicará aos participantes a técnica para compoñer poesía. A actividade “#VersosdeBalda”, que dará comezo ás 11:00 horas, diríxese a persoas a partir de 5 anos, aínda que está pensada principalmente para participar en familia, co fin de compartir un tempo de xogo, creatividade e aprendizaxe. Dende a Biblioteca recordaron que hai tempo que comparten nas súas redes sociais os #VersosdeBalda, composicións que crean a partir dos títulos de libros, xogando coa disposición e combinación das palabras para formar poemas. Para participar é preciso ter o carné da rede de bibliotecas sen sancións pendientes. As prazas poden reservarse a partir de mañá martes, ás 16:00 horas, de xeito presencial na Biblioteca ou chamando ao número de teléfono 981 382 173.

<<< Abril 2025 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal