Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PLENO DO CONCELLO DE NARÓN APROBA UNHA DECLARACIÓN DE CONDENA E REXEITAMENTO DE CALQUERA FORMA DE NARCOTRÁFICO
Na sesión extraordinaria do pleno de Narón celebrada esta tarde no Concello aprobouse por unanimidade unha declaración de condena e rexeitamento públicos e firmes de calquera forma de narcotráfico, crime organizado e branqueamento das súas figuras, manifestando o apoio institucional ás vítimas e ás entidades que loitan contra a drogadicción en Narón. Así mesmo, amosouse unha condena institucional de calquera comportamento, xesto ou manifestación pública que poida supor unha banalización nas consecuencias do narcotráfico. O pleno do concello reiterou o compromiso ético de todos os representantes municipais na defensa dos valores de honestidade, responsabilidade e dignidade institucional.
O voceiro de Terra Galega, Román Romero manifestou “as desculpas do grupo, se alguén se sentiu ofendido”, deixando claro, que “un erro non é un delito, nin unha foto unha falta de ética”, e que “dende o grupo de goberno cremos que a política debe basearse en feitos, non en titulares; en responsabilidades reais, non en linchamentos mediáticos.”

<<< Outubro 2025 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
naron.gal