Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O GRUPO ALXIBEIRA ESTREA ESTE SÁBADO "CONGOSTRA", O ESPECTÁCULO MÁIS AMBICIOSO DA SÚA HISTORIA
Quique Peón dirixe esta peza de nova creación da agrupación folclórica do Padroado de Cultura que conta con máis de 30 artistas en escena.
Xoves, 9 de xullo de 2026. O grupo de baile e música tradicional Alxibeira do Padroado de Cultura de Narón estrea este sábado, 11 de xullo, ás 21:00 horas, “Congostra”, un espectáculo de nova creación que se mergulla na identidade e nas tradicións da comarca e que conta con máis de trinta artistas sobre o escenario. As entradas poden adquirirse na web do Padroado e na taquilla do Pazo da Cultura ao prezo de 2,50 euros. “Congostra” está estruturada en sete actos enlazados por outros tantos audiovisuais creados polo artista galego Antón Cabaleiro a partir de fotografías e material de arquivo do Concello de Narón e de aportacións persoais dos propios integrantes do grupo. O repertorio musical bebe case na súa totalidade da tradición local. Melodías recollidas na comarca, cantos de berce, coplas e muiñeiras das Mariñas Altas conforman unha selección na que a práctica totalidade das pezas son propias desta zona de Galicia. O espectáculo, ideado por Quique Peón, supón un salto cualitativo importante para a agrupación, próxima a cumprir os corenta anos de vida. Nel, por primeira vez, todas as persoas integrantes cantan, bailan e interpretan. O resultado, é, en palabras do seu creador, "unha función contemporánea minimalista e ao mesmo tempo eficaz", cunha mensaxe clara: "facernos sentir orgullosos de pertencer ao sitio”. A ficha artística do show complétana David Deive no deseño de luz e Ángel Sánchez no espazo sonoro. O Grupo Alxibeira naceu en 1986 por iniciativa do Padroado de Cultura de Narón e presentouse oficialmente o 30 de xullo de 1988. Ao longo de case catro décadas levou o folclore galego a escenarios de toda Europa e América Latina. Desde 2020, a dirección artística recae en Quique Peón, un dos referentes da investigación etnográfica e da danza tradicional en Galicia.
Descarga de archivos
Tamaño:1,20 MB

<<< Xullo 2026 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
naron.gal