Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
UNHA UNIDADE MÓBIL DE INSPECCIÓN TÉCNICA DE AGRÍCOLAS ESTARÁ DO 18 AO 20 DE MARZO NA CIDADE
O vehículo estará operativo un día en Pedroso e dous na parroquia do Val
Narón, 25 de febreiro de 2025. Unha das unidades móviles para a inspección técnica de vehículos (ITV) agrícolas desprazarase á cidade en marzo, onde permanecerá do 18 ao 20. Na primeira xornada, o día 18, estará operativa na zona do campo da festa de Pedroso, en horario de mañá e tarde, de 9:00 a 13:30 e dende as 15:15 ata as 18:00. Así mesmo, os días 19 e 20 a unidade desprazarase ás inmediacións da cooperativa do Val, onde atenderá ás persoas que se acheguen a pasar a ITV dos seus vehículos agrícolas o día 19 pola mañá e pola tarde -de 9:00 a 13:30 e de 15:15 a 18:00- e o día 20 tan só no horario matinal –de 9:00 a 13:30-, tal e como indicaron dende o servizo. As persoas interesadas en pedir cita previa poden facelo chamando ao número de teléfono 981 928 080 ou a través da páxina web: www.sycitv.com.

<<< Xullo 2025 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
naron.gal