Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
AS ALCALDESAS DE NARÓN E TOMIÑO ACORDAN COA FEGAMP SOLICITAR UNHA REUNIÓN COA CONSELLERÍA DE MEDIO RURAL PARA ABORDAR O PROBLEMA DAS MOSCAS
Marián Ferreiro e a súa homónima de Tomiño, Sandra González, mantiveron hoxe unha xuntanza con Alberto Varela
Narón, 4 de xuño de 2025. A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, desprazouse esta mañá a Santiago de Compostela para reunirse con Alberto Varela, presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) e coa alcaldesa de Tomiño, Sandra González, con motivo da problemática da proliferación de moscas que afecta aos respectivos concellos. Na convocatoria a rexedora local estivo acompañada por persoal técnico municipal e a primeira edil de Tomiño pola concelleira de Medio Ambiente da localidade, Ana Belén Casaleiro. O presidente da Fegamp acordou coas alcaldesas no transcurso da xuntanza solicitar unha reunión á Consellería de Medio Rural “para tratar de buscar unha solución ao problema dende a colaboración de todas as administracións porque esta situación se está prolongando no tempo e non se lle está dando ningunha solución”. Pola súa banda, dende ambas administracións locais incidiron na importancia de que se diriman as competencias na área afectada e amosaron a disposición de ambos concellos a colaborar coa administración autonómica para buscar canto antes unha solución. “Carecemos dos medios de control necesarios para saber se os focos saen de onde din os estudos universitarios realizados, como é o caso dos abonos, e como aí as competencias son de Medio Rural o ideal é apostar por un traballo entre administracións ao que nós estamos dispostos a participar para que non nos abandonen ante esta praga”, apuntou a alcaldesa de Tomiño. A alcaldesa de Narón incidiu en que “é fundamental que todas as administracións implicadas traballemos nunha misma liña e poñamos a disposición das veciñas e veciños afectados os máximos recursos para acabar cunha situación que se prolonga no tempo e que no caso de Narón se repite estacionalmente cada ano, dende hai xa seis”.

<<< Xuño 2025 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
naron.gal