Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O XI ENCONTRO DE RONDALLAS E A XVIII FESTA DO CHURRASCO CENTRARÁN A FIN DE SEMANA CULTURAL E GASTRONÓMICA DE PIÑEIROS
A concelleira de Festas, Mar Gómez, presentou hoxe o evento con Francisco José Pita e Santiago Vázquez, presidente e vogal respectivamente da Asociación de Veciños de Piñeiros
Narón, 19 de xuño de 2025. A concelleira de Festas, Mar Gómez, presentou hoxe con Francisco José Pita e Santiago Vázquez, presidente e vogal respectivamente da Asociación de Veciños de Piñeiros, o XI Encontro de Rondallas Cidade de Narón. A cita terá lugar o día 28 deste mes no campo da festa de Piñeiros, nas inmediacións da igrexa parroquial, e dará comezo ás 17:00 horas. A edil naronesa avanzou que actuarán as rondallas Añoranzas, Só Elas, Lucero del Alba e Trobadores de Ares, catro formacións cunha importante traxectoria na comarca. Ao remate das actuacións, dende a entidade veciñal informaron que se porán á venda racións de callos –a prezos populares-, acompañados de pan e bebidas, para rematar a xornada en Piñeiros coa actuación do Dúo Aplauso. O domingo a AVV Piñeiros organizou unha nova edición, a vixésimo primeira, do Encontro de Bandas de Gaitas Memorial Lolete, no que actuarán as bandas de gaitas do Ortegal (Ortigueira), de San Xulián (Marín) e Agarimo (Ferrol). A actuación será trala XVIII Festa do churrasco, que dará comezo ás 14:00 horas e que estará amenizada pola solista Claudia. Mexilóns, churrasco, chorizos, liscos, patacas, pan e bebidas, con sobremesa, por un prezo de 23 euros compoñen o menú, cuxos tickets se poden adquirir no ambigú do local social de Piñeiros ou tamén se pode reservar mesa chamando ao número de teléfono 630 758 663. Dende a organización animaron á veciñanza a acudir a estas celebracións programadas en Piñeiros para desfrutar da música e tamén da gastronomía no xa recoñecido Fin de semana cultural e gastronómico da parroquia.

<<< Xuño 2025 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
naron.gal