O MAGO ANTÓN REPRESENTARÁ ESTE DOMINGO EN FREIXEIRO O SEU ESPECTÁCULO "MIL MAXIAS MÁIS"
Os pases, con entrada de balde, terán lugar en horario de mañá e tamén de tarde
Narón, 26 de xuño de 2025. O Padroado da Cultura de Narón organizou unha nova función do espectáculo de maxia do Mago Antón “Mil maxias máis”, sobre a lingua galega, no parque do río Freixeiro. As prazas por cada unha das quendas son limitadas -30 espectadores como máximo cada pase, pola capacidade do espazo- e cubriranse pola orde de chegada das persoas interesadas en presenciar o espectáculo.
Esta proposta diríxese a público familiar e aposta por poñer en valor o noso idioma para recordar a importancia que ten a palabra en galego.
As funcións programadas serán ás 12.00 e 13.00 horas e tamén en horario de tarde, ás 17.00 e ás 18.00 no interior do “magomóbil”, un particular vehículo a través do que o Mago Antón representa os seus espectáculos por diferentes concellos.