Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A FEIRA DA CERVEXA ARTESÁ OFRECERÁ DENDE MAÑÁ ATA O DOMINGO UNHA AMPLA VARIEDADE DE ELABORACIÓNS NO PARQUE DO RÍO FREIXEIRO
A concelleira de Feiras, Mar Gómez, recordou que ademais haberá concertos, obradoiros e foodtrucks
Narón, 23 de xullo de 2025. O parque de Freixeiro acollerá dende mañá ata o domingo a primeira edición da Feira da cervexa artesá. As persoas que se acheguen poderán degustar máis de medio cento de variedades diferentes e tamén algunha das elaboracións dispoñibles nas sete gastronetas que estarán na citada ubicación. A entrada ao recinto, así como a asistencia aos concertos e aos obradoiros, é de balde. Os diferentes postos de venda abrirán as portas mañá ás 19:00 horas e ás 20:00 terá lugar o concerto de Mr. Fishman, para pechar o festival ás 00:30 horas. Na xornada do venres a apertura do festival será ás 13:00 horas e ás 12:00 programouse a sesión Beer-Mú. Pola noite haberá un concerto de Ferrok, ás 22:00 e sobre as 01:00 rematará a programación dese día. O sábado continuará tamén dende as 13:00, con sesión Beer-Mú ás 14:00 e pola tarde cun obradoiro de creación de chapas ás 19:00 e un concerto de The Known Strangers ás 22:00. O último día desta Feira da cervexa artesá, o domingo, abrirá o festival ás 13:00 e continuará a programación ás 17:30 horas cun obradoiro de marcapáxinas, a actuación do grupo Milómanos ás 20:00, concursos a partir das 21:00 horas á mellor etiqueta do festival, á mellor cervexa e á mellor foodtruck, con entrega dos premios ás 21:15 horas, para rematar o evento sobre as 23:00 horas. Estarán presentes nesta edición as empresas Lupia (A Coruña), Banda (Nigrán), Madroa (Vigo), The One (Sanxenxo), Bacterio (Móstoles), Albufera (Vallecas) e El Jardín del Lúpulo, que ofrecerán variedades con castaña, mel, cogomelos, espelta, afumadas, louras, tostadas, amargas… En canto á comida, poderanse degustar nas foodtrucks unha gran variedade de opcións: venezolana, mexicana, hamburguesas gourmet, salchichas alemás, crepes e gofres, pan de millo recheo, pavo –sen glute-, etc. A concelleira de Feiras, Mar Gómez, animou á veciñanza de Narón e doutros concellos a achegarse a este evento, programado por primeira vez na cidade e que complementará a oferta de lecer desta semana na cidade.

<<< Xullo 2025 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
naron.gal