Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO DE NARÓN COLABORA COA AMTEGA E A FEGAMP NA CESIÓN DE EQUIPAMENTO TECNOLÓXICO A ENTIDADES SEN ÁNIMO DE LUCRO
O Concello de Narón vén de activar o procedemento para a cesión de equipamento tecnolóxico a entidades sen ánimo de lucro, no marco do convenio de colaboración entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) e a Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP).
A iniciativa busca impulsar o uso do software libre e a soberanía dixital, ao tempo que promove o consumo responsable e a reutilización dos equipos electrónicos, favorecendo o alongamento da súa vida útil e a redución dos residuos tecnolóxicos. Tamén pretende diminuír a fenda dixital e mellorar o acceso aos medios tecnolóxicos, contribuíndo á creación dunha sociedade máis igualitaria, sostible e innovadora. As entidades interesadas poden tramitar a súa solicitude a través do Concello de Narón, que se encargará de xestionar a documentación e trasladala á FEGAMP. Este organismo valorará as propostas presentadas e, unha vez validadas, a AMTEGA coordinará co Concello a entrega do material ás entidades seleccionadas. As asociacións beneficiarias deberán empregar o equipamento para o desenvolvemento de actividades vencelladas á promoción do software libre, a soberanía dixital e o uso responsable da tecnoloxía, mantendo durante un período mínimo de catro anos un sistema baseado no software libre coas mesmas características que o entregado. Con este programa, o Concello de Narón reafirma o seu compromiso co avance cara a unha transformación dixital sostible e inclusiva, en colaboración coa AMTEGA e a FEGAMP, promovendo a reutilización responsable dos recursos e o acceso equitativo á tecnoloxía. As entidades interesadas deberán realizar a solicitude presentado os anexos requiridos (Anexo I e Anexo II) a través da Sede Electrónica municipal: https://sedeelectronica.naron.es/. As solicitudes serán avaliadas por orde de entrada e a primeira cesión de equipamento está prevista para o mes de febreiro.
Descarga de archivos
Anexos I e II
Tamaño:239,26 KB

<<< Novembro 2025 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
naron.gal