Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A SERRA GAÑA O XI CONCURSO DE TAPAS DE ENTROIDO DE NARÓN CO “CAN COCIDO BY LEIRAS FOOD"
O restaurante A Serra, situado en Pedroso, proclamouse gañador do XI Concurso de Tapas de Entroido de Narón coa súa proposta "Can Cocido by Leiras Food", unha creación coa que reinterpretaron o tradicional cocido galego nun formato innovador.
Venres, 13 de marzo de 2026. A tapa elaborouse con pan de pataca sobre cama de grelo, embutido de cachola, touciño, costela e lacón, acompañada de crema de chourizo, salsa de sopa de cocido e crocante de garavanzo. O trofeo recollérono esta mañá Dámaso e Uxía López Sueiras, irmáns e xerentes do establecemento, que agradeceron o recoñecemento e a boa acollida da súa proposta entre a clientela participante na ruta gastronómica. Durante o acto tamén se realizou o sorteo de tres cestas con productos locais entre as persoas que participaron coas súas votacións a través da nova app Narón Gastronómico. As persoas gañadoras foron Almudena Alonso Leal, Luis Santiago González e Daniel García Espasandín, dous deles procedentes de Ferrol e un da Coruña. Na entrega dos premios participaron a alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, e a concelleira de Promoción Económica, Olga Ameneiro. A rexedora destacou que iniciativas deste tipo “contribúen a dar visibilidade ao gran traballo que realiza a hostalería naronesa, un sector que está a vivir un bo momento e que demostra a súa capacidade creativa e de atracción de visitantes”. Ferreiro subliñou ademais que o feito de que os clientes premiados procedan doutros concellos “é unha mostra de que Narón se consolida tamén como destino gastronómico na comarca, atraendo público que se achega a descubrir as propostas dos nosos locais”. Pola súa banda, Olga Ameneiro agradeceu a implicación dos establecementos participantes e destacou “o alto nivel das tapas presentadas nesta edición, nas que se puido ver unha interesante combinación de tradición e innovación arredor dun prato tan representativo do Entroido como é o cocido”. A concelleira sinalou tamén que o concurso, que celebrou a súa XI edición, “segue a medrar e a consolidarse como unha cita moi agardada, que dinamiza a hostalería local e anima á veciñanza e aos visitantes a percorrer os locais de Narón”. Nesta undécima edición participaron nove establecementos: Australian Cervecería, Bar Chips, O Tapeo, Ronnie, Fame Kanalla, O Encontro de Soriano, Nueva Orleans, Mesón La Abuela e A Serra – Leiras Food. Durante varios días ofreceron as súas creacións ao prezo de tres euros, con propostas que reinterpretaron o cocido galego en formatos orixinais, desde brioche recheos de cachucha ata burritos, buñuelos gourmet ou versións en hot dog.

<<< Marzo 2026 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
naron.gal