Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A PROBA DE ULTRAFONDO ‘21 LEGUAS’ DE NARÓN ACTIVA INSCRICIÓNS ESTE XOVES 30 DE ABRIL
A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, o concelleiro de Deportes, Ibán Santalla, e o presidente do club deportivo Narón 101, Óscar Somorrostro, presentaron esta mañá no Concello a quinta edición das ‘21 Leguas. Os 101 quilómetros de Narón”, unha das probas de ultrafondo de referencia no noroeste peninsular, que abre o prazo de inscrición este xoves 30 de abril.
Mércores, 29 de abril de 2026. As persoas interesadas poderán formalizar a súa participación a partir de mañá a través a través da web: www.21leguas.es ou www.emesport.es. Durante os catro primeiros días habilitaranse 1.000 prazas cun prezo de 60 euros. Unha vez esgotado ese prazo inicial, a tarifa incrementarase ata os 75 euros e, posteriormente, situarase en 85 euros ata o peche definitivo das inscricións, fixado para o 31 de agosto. As persoas que participen na modalidade de marcha disporán dun prazo de 24 horas para percorrer un tramo de 101 quilómetros que discorrerá polos concellos de Narón, Ferrol e Valdoviño, se ben no caso dos ciclistas terán un tempo máximo de 12 horas para completar ese percorrido, con saída e meta no paseo marítimo de Xuvia. Os marchadores poderán inscribirse na modalidade de marcha individual ou por equipos; os ciclistas nas de individual, parellas ou equipos e tamén haberá a opción de e-bike, na modalidade de individual. Dende a organización, que corre a cargo do Concello de Narón e do club deportivo Narón 101, agardan acadar nesta edición a cifra de 1.500 participantes, consolidando así o crecemento progresivo dun evento que este ano se celebra o 26 de setembro. Durante a presentación do evento, Óscar Somorrostro amosou a súa confianza en “seguir medrando e superar as cifras de participación de edicións anteriores”, ao tempo que animou ás persoas afeccionadas ao deporte de resistencia a sumarse a esta nova convocatoria. Pola súa banda, o edil de Deportes, Ibán Santalla, destacou a consolidación da cita como “un evento deportivo de referencia que sitúa a Narón no mapa das grandes probas de ultrafondo”. A alcaldesa, Marián Ferreiro, puxo en valor “o traballo do club organizador e de todas as persoas implicadas na organización”, subliñando tamén o impacto positivo da proba na cidade. “As 21 Leguas son xa unha cita clave que contribúe á dinamización económica e turística de Narón, ao atraer durante toda a fin de semana a centos de persoas procedentes de diferentes puntos de Galicia e doutras comunidades”, sinalou.
Descarga de archivos
Tamaño:217,62 KB

<<< Abril 2026 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30  
Eventos do Concello
naron.gal