A ESCOLA DE BENESTAR PROGRAMA DÚAS CONFERENCIAS GRATUÍTAS EN MAIO SOBRE INTELIXENCIA ARTIFICIAL E DOR CRÓNICA
O Concello de Narón organiza este mes de maio, a través da súa Escola de Benestar, dúas conferencias de balde abertas ao público con entrada gratuíta ata completar a capacidade
Luns, 4 de maio de 2026. A primeira cita terá lugar este próximo sábado 9 de maio, ás 11.00 horas, no Centro Cívico Social do Alto do Castiñeiro. Baixo o título "Intelixencia Artificial e Pensamento Crítico", o conferenciante Esteban Grandal abordará como construír unha mentalidade crítica fronte ao ruído dixital, nun contexto de crecente desinformación e sobreabundancia de contidos en liña.
A segunda conferencia está prevista para o sábado 16 de maio, tamén ás 11.00 horas, pero no Café Teatro do Pazo da Cultura de Narón. Camilo Rivas será o encargado de impartir a charla "A Dor Crónica", na que cuestionará o propio concepto de "crónica" aplicado á dor e proporcionará ao público ferramentas para comprender e afrontar este tipo de doenzas.
A Escola de Benestar de Narón é unha iniciativa municipal que busca promover hábitos saudables mediante charlas, obradoiros e encontros con especialistas de distintos ámbitos relacionados coa saúde física e emocional. O seu obxectivo principal é fomentar estilos de vida saudables entre a veciñanza mediante formación aberta a toda a cidadanía, priorizando a información práctica e a prevención.