Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
CONCILIACIÓN CON CONCIENCIA AMBIENTAL NO CAMPAMENTO DE VERÁN "SENTINARÓN: SENTINELAS DO PLANETA"
O Concello de Narón abre o martes 19 de maio, ás 8:30 horas, o prazo de inscrición no ConciliaEscola 2026, o programa municipal de conciliación estival que este ano se artella baixo o lema "SentiNarón: Sentinelas do Planeta".
Venres, 15 de maio de 2026. A iniciativa, de balde para as familias participantes, ten como eixo a educación ambiental e a sustentabilidade, e oferta un total de 210 prazas distribuídas en tres quendas ao longo de seis semanas. Baixo o lema “SentiNarón: Sentinelas do planeta”, o campamento desenvolverá unha programación centrada na educación ambiental, promovendo entre os nenos e nenas valores vinculados á reciclaxe, o respecto pola natureza, a sustentabilidade, o consumo responsable e a protección da contorna natural. Segundo explicou na presentación a edil de Igualdade e Benestar Social, María Lorenzo, a iniciativa tamén incorporará contidos relacionados coa diversidade e a igualdade. As persoas participantes converteranse en “sentinelas do planeta” a través de actividades orientadas a fomentar boas prácticas ambientais tanto no ámbito familiar como escolar e social. O programa incluirá ademais xogos populares, actividades deportivas e de orientación na natureza, obradoiros de manualidades, dinámicas de animación e saídas, cun enfoque inclusivo e transversal en educación en valores. O programa desenvolverase do 22 de xuño ao 31 de xullo nas instalacións do CEIP A Solaina, en horario de 9:00 a 14:00 horas. Ademais, para facilitar a conciliación das familias, habilitarase un servizo de entrada anticipada entre as 7:30 e as 9:00 horas e outro de saída de 14:00 a 15:00 horas, sempre que se solicite previamente. ConciliaEscola está dirixido a nenos e nenas nados entre os anos 2014 e 2023 que estean escolarizados durante o curso 2025-2026 nun centro educativo de Narón ou empadroados no municipio. As bases establecen tamén como requisito que os pais, nais ou titores legais estean traballando. O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto ata o 26 de maio ás 13:30 horas. As inscricións poden formalizarse no Rexistro Xeral do Concello, a través da sede electrónica municipal ou por calquera dos medios previstos. As persoas interesadas deberán presentar a solicitude debidamente cuberta e asinada xunto coa documentación requirida nas bases da convocatoria. A participación no programa será de balde e a selección das solicitudes realizarase mediante un sistema de baremación. As bases completas da convocatoria e máis información poden consultarse na sede electrónica do Concello de Narón: https://sedeelectronica.naron.es/

<<< Maio 2026 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
naron.gal