Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CIM MÓBIL DA XUNTA FAI PARADA EN NARÓN CON TRES XORNADAS DE ATENCIÓN NO VAL, PEDROSO E O ALTO
O Concello de Narón informa da nova campaña de visitas do servizo CIM Móbil da Xunta de Galicia, un recurso itinerante especializado en información, asesoramento e atención ás mulleres, especialmente en materia de violencia de xénero.
Xoves, 21 de maio de 2026. A unidade desprazarase ao municipio naronés en tres xornadas diferentes entre os meses de maio e xuño para achegar os seus servizos á veciñanza. A primeira das visitas terá lugar o próximo luns 25 de maio na contorna da Cooperativa e do Centro de Saúde do Val. Posteriormente, o servizo desprazarase o martes 9 de xuño ás inmediacións do Centro de Saúde de Pedroso e regresará novamente o martes 23 de xuño para situarse a carón do Centro de Saúde de Narón. Os CIMs Móbiles son un recurso da Xunta de Galicia destinado a prestar información, orientación e acompañamento psicolóxico, social e xurídico ás mulleres, así como atención a cuestións relacionadas coa prevención e a loita contra a violencia de xénero. O servizo tamén está aberto a calquera persoa interesada en recibir información ou asesoramento nesta materia. Entre os colectivos prioritarios aos que se dirixe esta iniciativa atópanse as mulleres vítimas de violencia de xénero, así como as súas fillas e fillos e persoas dependentes ao seu cargo, co fin de reducir o impacto desta situación. Tamén se presta especial atención a mulleres en situación de vulnerabilidade ou risco de exclusión social, así como a persoas LGTBI, ás súas familias e ao seu círculo próximo. A través destas unidades móbiles facilítase tamén o acceso aos recursos dispoñibles tanto a nivel local como comarcal, provincial ou autonómico para facer fronte á violencia de xénero. Desde o Concello anímase á veciñanza a achegarse a este recurso e facer uso dun servizo que busca reforzar a rede de apoio ás mulleres e avanzar cara a unha sociedade máis igualitaria e libre de violencias machistas.

<<< Maio 2026 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
naron.gal