Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
CATRO CLUBS COMPITEN ESTE SÁBADO NA GÁNDARA NO XXXII TORNEO DE BALONMÁN CIDADE DE NARÓN
O Pavillón da Gándara acolle este sábado 6 de xuño a XXXII edición do Torneo de Balonmán Cidade de Narón de categorías base, organizado polo Club Balonmán Narón co apoio do Padroado de Deportes do Concello de Narón.
Luns, 1 de xuño de 2026. O torneo foi presentado esta mañá coa presenza da alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, e o concelleiro de Deportes, Ibán Santalla, xunto ao presidente do club, Alejandro Basoa, e os membros da directiva Alejandro Aires, María Torrente e Beatriz Cereijo. O evento contará coa participación do Club Balonmán Viveiro, o Club Balonmán Pontedeume e o Atlántico de Oleiros, ademais dos anfitriónns do Club Balonmán Narón. En total, arredor de 180 xogadores do balonmán galego de base daranse cita en Narón. A competición principiará ás 10:00 horas coas categorías de Infantís e Cadetes. Pola tarde, a partir das 16:00 horas disputaranse os partidos de Benxamíns e Alevíns. Ao remate das competicións terá lugar a entrega dos trofeos e medallas aos participantes. O Concello de Narón, a través do Padroado de Deportes, colabora un ano máis na organización deste torneo que, na súa XXXII edición, confirma a sólida traxectoria do club naronés no fomento do deporte base no municipio.
Descarga de archivos
Tamaño:228,63 KB

<<< Xuño 2026 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
naron.gal