Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
Á VENDA DESDE ESTE MÉRCORES OS TICKETS PARA A CHURRASCADA E SARDIÑADA DA NOITE DE SAN XIAO CON ACTUACIÓN DE DE NINGHURES
Poden adquirirse os días 17, 19, 25 e o propio día da festa, o 27 de xuño, no local do centro cívico social da parroquia.
Martes, 16 de xuño de 2026. O sábado 27 de xuño, a contorna do centro cívico social de San Xiao converterase en epicentro festivo de Narón cunha noite de música, gastronomía e encontro veciñal. Impulsada pola Asociación Veciñal San Xiao en colaboración co Padroado de Cultura do Concello de Narón e coa participación da Deputación da Coruña e da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), a Noite de San Xiao xa ten os tickets á venda para a sardiñada e churrascada. Poderán retirarse de forma anticipada os días 17, 19 e 25 de xuño no centro cívico, en horario de 19:30 a 21:00 horas, e tamén o propio día 27 entre as 19:00 e as 21:00 horas. O acto de presentación desta xornada festiva reuniu a alcaldesa de Narón, o vicepresidente da entidade organizadora, Luis Doce, e o vogal Gustavo Hermida, que puxeron en valor o carácter participativo e comunitario dunha celebración xa consolidada no calendario festivo da parroquia. "Este ano temos unha programación moi completa, con propostas para todas as idades e un cartel musical do que estamos moi orgullosos", sinalou Doce. "Desde o Concello apoiamos con orgullo esta celebración porque é un exemplo do mellor que teñen as nosas parroquias: a capacidade de organizarse, de coidar as tradicións e de crear espazos de encontro", afirmou a alcaldesa de Narón. A programación dará comezo ás 19:00 horas cunha proposta para o público familiar, con xogos tradicionais e populares e inchables para os máis pequenos. Ás 20:00 horas actuará Alex Rodríguez, abrindo a parte musical antes da cea popular. A continuación terá lugar a tradicional sardiñada e churrascada, organizada pola A.VV. Ceibe de San Xiao. O menú —churrasco, chourizo criollo, pan, bebida e café, cunha sardiña de agasallo— ten un prezo de 15 euros para persoas socias e 18 euros para non socias, que poderán darse de alta no propio evento. As sardiñas tamén se poderán mercar de forma independente, a tres unidades por 2 euros. Tras a cea, a partir das 21:00 horas, a música tradicional correrá a cargo do Grupo de Gaitas do Padroado de Cultura. Seguiranlles Irmaus da Raia Seca, coa súa fusión de tradicións galego-portuguesas, e De Ninghures, un dos grupos emerxentes máis destacados da escena folk galega contemporánea, coñecido pola súa fusión de tradición e sonoridades actuais. Tras eles, un segundo pase de Alex Rodríguez poralle o ramo a esta nova edición da Noite de San Xiao.
Descarga de archivos
Tamaño:1,72 MB

<<< Xuño 2026 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
naron.gal