Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
UNHA UNIDADE MÓBIL PARA A DOAZÓN DE SANGUE VISITA NARÓN ESTE MARTES
A Axencia Galega de Doazón de Órganos, Sangue e Tecidos (ADOS) instala este martes 22 de xuño unha unidade móbil na cidade, a carón do centro de saúde.
Luns, 22 de xuño de 2026. O vehículo permanecerá operativo en horario de 9:00 a 14:30 e de 15:30 a 21:30 horas, dentro da campaña "Este verán doa sangue", coa que ADOS busca reforzar as reservas nunha época do ano na que as doazóns adoitan baixar polas vacacións e os desprazamentos. Poden doar sangue as persoas de entre 18 e 70 anos, con bo estado de saúde e un peso superior aos 50 quilos. Dende ADOS recoméndase acudir con boa hidratación e sen ir en xaxún. ¡uen doe pola mañá debe almorzar con normalidade, mentres que quen o faga pola tarde ten que esperar dúas horas despois do xantar, evitando ademais as comidas copiosas previas á doazón. É necesario acreditarse co DNI ou outro documento oficial que identifique á persoa doante, e informar o persoal médico sobre calquera tratamento farmacolóxico ou intervención recente, xa que existen prazos de espera específicos en casos como cirurxías, tratamentos dentais, tatuaxes ou piercings, viaxes a zonas endémicas, ou partos recentes. Cada ano, as doazóns voluntarias permiten atender a preto de 31.000 pacientes nos hospitais galegos. Baixo o lema "Un alento de vida", a campaña de verán de ADOS anima a aproveitar estes meses para achegarse ás unidades móbiles e doar sangue. Para máis información pódese chamar ao teléfono gratuíto 900 100 828, consultar a web ados.sergas.gal ou seguir as redes sociais da axencia.

<<< Xuño 2026 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
naron.gal