Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A XXVI EDICIÓN DA FESTA DA AMEIXA RUBIA CELEBRARASE O 5 DE XULLO NO PASEO MARÍTIMO DE XUVIA
Vermú, xantar popular, música e festa infantil compoñen a programación dunha cita que xa supera o cuarto de século.
Luns, 22 de xuño de 2026. A concelleira de Festas, Mar Gómez, e o presidente da AVV Altea de Xuvia, Indalecio Llago, presentaron este luns a programación da vixésimo sexta edición da Festa da Ameixa Rubia, que se celebra o próximo 5 de xullo no paseo marítimo de Xuvia. A convocatoria está organizada polo consistorio, a través da concellaría de Festas, e coa AVV Altea. A Alteada comezará cunha sesión vermú de 13:00 a 15:00 horas, para dar paso ás 15:00 horas a un xantar popular. Ameixa rubia á mariñeira, churrasco, sobremesa, café e chopos, con bebidas incluídas, compoñen o menú a prezos populares. Os tickets poden recollerse na cafetería da AVV Altea ou reservar chamando ao número 981 393 561. Ás 17:00 horas chegará a quenda da música, e pola tarde a festa virará cara aos máis pequenos, cunha sesión de xogos tradicionais de 16:00 a 18:00 horas. De 18:00 a 19:00 horas será a quenda do Mago Martín, que porá en escena o espectáculo "Trasnadas moi serias". A xornada pechará, como xa é tradición, coa Festa da escuma, ás 19:30 horas, para o goce de todas as nenas e nenos que se acheguen ao paseo marítimo. Dende a entidade veciñal e o Concello animan á veciñanza a participar nesta cita gastronómica e familiar, "a través da que queremos seguir poñendo en valor un produto tan noso como é a ameixa rubia", sinalou Mar Gómez. A concelleira agradeceu o traballo da AVV Altea por manter, xunto co Consistorio, esta celebración "que xa supera o cuarto de século e que ano tras ano segue a gañar adeptos no paseo marítimo de Xuvia".
Descarga de archivos
Tamaño:3,19 MB

<<< Xuño 2026 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
naron.gal