Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO DE NARÓN ABRE ESTE VENRES O NOVO COMPLEXO DAS PISCINAS DE VERÁN DO COUTO
Os abonos mensuais pódense adquirir desde este mércores nas oficinas do Padroado de Deportes en horario de 08:30 a 13:00 horas.
Martes, 30 de xuño de 2026. O Concello de Narón abre este venres, 3 de xullo, o Complexo das Piscinas de Verán do Couto, un novo espazo deportivo e de lecer destinado a toda a veciñanza. A instalación, dependente do Padroado de Deportes, ofrecerá baño libre de luns a venres en horario de 15:30 a 20:30 horas, mentres que os sábados, domingos e festivos o horario será de 12:00 a 20:30 horas. O acceso ao recinto estará permitido ata unha hora antes do peche en todos os casos. As entradas diarias poderán adquirirse na propia instalación durante todo o horario de apertura, ata unha hora antes do peche, así como nas oficinas do Complexo Polideportivo Municipal da Gándara e no Concello de Narón (4º andar), de luns a venres en horario de 08:30 a 13:00 horas. En todos os puntos de venda, o pagamento deberá realizarse mediante tarxeta bancaria ou teléfono móbil, xa que non se admitirá efectivo. O prezo da entrada diaria será de 1,50 euros para os menores de 14 anos e de 3 euros para os maiores desa idade. Pola súa banda, os abonos mensuais poden adquirirse desde este mércores nas oficinas do Padroado de Deportes de Narón, situadas no Complexo Polideportivo Municipal da Gándara (Estrada da Gándara 148, 15570 Narón), en horario de 08:30 a 13:00 horas. O abono mensual terá un custo de 20 euros para os menores de 14 anos e de 25 euros para os maiores desa idade. Tamén estará dispoñible o abono familiar mensual, cun prezo de 40 euros, para cuxa tramitación será necesario presentar fotocopia da persoa titora, volante de empadroamento colectivo e os datos das persoas integrantes da unidade familiar. No caso dos menores de 12 anos, deberán acceder sempre acompañados, polo menos, dunha persoa adulta que se responsabilice deles durante toda a súa permanencia no recinto. Con esta apertura, o Concello de Narón reforza a súa oferta deportiva e de lecer para o verán.

<<< Xuño 2026 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal