Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A ALCALDESA RECIBIU NO CONCELLO AO ATLETA PABLO VÁZQUEZ, CAMPIÓN DE EUROPA SUB-18 DA MODALIDADE 2000M OBSTÁCULOS
A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, recibiu este mediodía no Concello xunto co edil de Deportes, Ibán Santalla, ao atleta Pablo Vázquez Maiztegui, do club Atletismo Narón, proclamado recentemente campión de Europa sub-18 en 2000 metros obstáculos
Narón, 23 de xullo de 2026. A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, recibiu este mediodía no Concello xunto co edil de Deportes, Ibán Santalla, ao atleta Pablo Vázquez Maiztegui, do club Atletismo Narón e que dende a pasada fin de semana é campión de Europa Sub-18 da especialidade 2000m obstáculos, obtendo o título na proba que se celebrou na localidade de Rieti (Italia). Ferreiro e Santalla conversaron con Pablo Vázquez, que estivo acompañado polo seu pai e adestrador, Carlos Vázquez, o presidente do club Atletismo Narón, Miguel Soto, e o director técnico, Manuel Polo, e que lles contou a súa experiencia durante o citado evento deportivo, compartindo as súas sensacións ao longo da carreira, o ambiente vivido no campeonato e a satisfacción polos resultados acadados. A alcaldesa felicitou ao xoven atleta destacando o esforzo, a constancia e a dedicación que o levaron a este importante logro deportivo. Así mesmo, trasladoulle os seus mellores desexos de cara á súa próxima cita internacional, os Xogos Olímpicos da Xuventude que se celebrarán en Dakar, amosándolle todo o seu apoio e confianza para que continúe conquistando novas metas e representando con orgullo o club naronés no que milita. Igualmente a alcaldesa fixo extensiva a súa felicitación ao Atletismo Narón, único club galego clasificado tanto en categoría feminina como masculina para o Campionato de España Sub-16 que se celebrará o vindeiro 10 de outubro

<<< Xullo 2026 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
naron.gal