Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A BIBLIOTECA DE NARÓN ACOLLE DÚAS ACTIVIDADES GRATUÍTAS DO PROGRAMA "VERÁNS DE LECER E CONSUMO"
As propostas, dirixidas á rapazada de 3 a 12 anos, achegan o consumo responsable e o lecer activo a través de xogos e dinámicas participativas
Narón, 21 de agosto de 2026. A biblioteca municipal de Narón acolle o próximo venres 28 de agosto dúas actividades gratuítas enmarcadas no programa «Veráns de Lecer Consumo», unha iniciativa da Xunta de Galicia impulsada a través do Instituto Galego do Consumo e da Competencia (LCG). As propostas, dirixidas á rapazada de 3 a 12 anos, teñen como obxectivo achegar aos máis pequenos cuestións relacionadas co consumo responsable, os dereitos das persoas consumidoras e usuarias e o lecer activo, sempre a través de dinámicas lúdicas e participativas. Dúas propostas segundo idades Ás 11:00 horas terá lugar «Xogueteando: un lecer diferente!», unha actividade pensada para nenos e nenas de 3 a 6 anos baseada en xogos alternativos e colaborativos, na que descubrirán formas de practicar un consumo responsable e gozar dun lecer activo. A proposta tamén incidirá na importancia dos xoguetes seguros e sen riscos. Ás 12:30 horas será a quenda de «A xincana do consumo responsable», dirixida a nenos e nenas de 7 a 12 anos. Nesta xincana, os grupos deberán superar diferentes probas relacionadas co consumo responsable, sostible e consciente, ao tempo que se familiarizan cos seus dereitos como persoas consumidoras e usuarias. Para participar en calquera das dúas actividades é necesario dispor do carné da biblioteca e ter a idade indicada para cada proposta. As reservas de praza poderán realizarse a partir do luns 24 de agosto, ás 18:00 horas, de xeito presencial na propia biblioteca ou a través do teléfono 981 38 21 73, en horario de apertura. O Concello lembra que todos os nenos e nenas deberán estar acompañados en todo momento por unha persoa adulta.

<<< Agosto 2026 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
naron.gal