Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
NARÓN CONMEMORA O DÍA DA SAÚDE MENTAL CUNHA XINCANA “SEN FILTROS" NO PARQUE DE FREIXEIRO
A actividade, aberta a persoas adultas e a menores desde os 12 anos, desenvolverase en tres quendas de 10:30 a 14:00 horas, con inscrición previa.
Luns, 5 de outubro de 2026. O Concello de Narón súmase ao Día Internacional da Saúde Mental coa “Xincana sen filtros”, unha actividade experiencial de sensibilización que terá lugar o sábado 10 de outubro no Parque de Freixeiro, de 10:30 a 14:00 horas. Baixo o lema “O reto da saúde mental”, a proposta está aberta a toda a cidadanía. Poderán anotarse e participar persoas adultas e menores a partir de 12 anos. No caso dos e das menores, é imprescindible que acudan acompañados dunha persoa adulta responsable. Para que todo o mundo poida facer a xincana con calma, esta organizarase por quendas. A primeira será de 10:30 a 11:30 horas, a segunda de 11:45 a 12:45 e a terceira de 13:00 a 14:00. As prazas son limitadas e a inscrición pode facerse previamente a través do código QR do cartel ou o mesmo día, de xeito presencial, ata 15 minutos antes de cada sesión e mentres queden prazas libres. A concelleira de Benestar Social de Narón, María Lorenzo, lembra que “a saúde mental é cousa de todas as persoas, non só de quen está a pasar por un mal momento. Co nome de ‘sen filtros’ queremos falar dela con naturalidade, sen máscaras nin tabús, e facelo dun xeito que invite a participar e no que ninguén se sinta sinalado”. Lorenzo animou a veciñanza a achegarse ao Freixeiro: “Se ben é unha actividade pensada para sensibilizar, tamén queremos que sexa unha mañá agradable para compartir”. En caso de choiva, desde o Concello indican que a actividade trasladarase ao Pavillón da Mocidade. Con esta iniciativa, o Concello de Narón busca que o Día da Saúde Mental sexa tamén unha ocasión para que a veciñanza se pare a pensar no benestar emocional propio e no das persoas que a rodean.
Descarga de archivos
Tamaño:1,79 MB

<<< Outubro 2026 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
naron.gal