Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A ALCALDESA ACOMPAÑOU A MANUEL PATINHA NA PRESENTACIÓN DO SEU LIBRO A CASA DA FAÍSCA
O acto desenvolveuse nas instalacións da Biblioteca municipal ás 18:00 horas
Narón, 19 de novembro de 2026. A Biblioteca municipal acolleu esta tarde a presentación de A casa da Faísca, unha publicación do escritor e artista luso Manuel Patinha –nomeado hai uns anos Fillo adoptivo de Narón- e cun prólogo do tamén escritor Eduardo Fra Molinero. A alcaldesa, Marián Ferreiro acompañounos no acto celebrado hoxe e destacou a calidade literaria desta publicación, escrita en galego e castelán. Sobre a mesma, Patinha destacou que conta “a idea dunha vida compartida, a actitude no día a día, como se desenvolven os acontecementos cotiás… transmitindo ao lector unha serie de sensacións”. Así mesmo, indicou que se trata dun libro “moi cru, que ten partes divertidas perso tamén está moi presente o drama cando se abordan temas como a enfermidade ou mesmo a morte”. A publicación ten moi presente unha vivenda da Faísca, que aínda segue existindo, e conta con debuxos orixinais que aportan unha riqueza a maiores a esta obra, que constitúe a segunda parte, como indicou o autor, de “Álvaro”, adicado á súa familia de acollida naronesa, Divina e Álvaro. A alcaldesa felicitou a Patinha por este último libro, no que novamente ten moi presente á cidade e destacou a posta en valor de numerosos valores vitais que se recollen nel partindo do recordo dunha vivenda. “Son mensaxes moi importantes para os lectores, que nos convidan tamén a reflexionar en como as persoas e os lugares deixan unha gran pegada en nós”, salientou, para finalmente desexarlle moitos éxitos ao autor con este novo traballo.

<<< Novembro 2026 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal