Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O ALUMNADO DO ITINERARIO COMPLETO DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS RECIBIU OS SEUS DIPLOMAS
A concelleira de Formación, Natalia Hermida, felicitou ao alumnado que rematou este itinerario
Narón, 26 de novembro de 2026. O Centro municipal de Formación Irmás Froilaz, na Gándara, acolleu o acto de entrega de diplomas ao alumnado que rematou a segunda edición do itinerario completo de Prevención de riscos laborais. Un total de dezaséis persoas recolleron eses diplomas que acreditan que remataron esta formación nun acto ao que acudiu a concelleira de Formación, Natalia Hermida. O itinerario desenvolveuse dende comezos do pasado mes de outubro ata o día 6 deste mes e incluíu materias sobre prevención de riscos laborais (60 horas); prevención de riscos laborais e medio ambiente no naval (16 horas) e prevención de riscos laborais en espazos confinados e traballos en altura (16 horas). “Esta é unha formación transversal, oficial e necesaria para o sector naval, do metal e da construción, dirixida a persoas desempregadas de Narón e á que poden acceder tamén, no caso de que queden prazas, persoas doutros concellos”, recordou Natalia Hermida. A maiores da formación en prevención inclúense módulos de igualdade de oportunidades, emprendemento e orientación laboral e busca de emprego, facendo un total de 107 horas”, explicou. A concelleira de Formación felicitou ao alumnado que rematou este itinerario e valorou o feito de que aposten por ampliar a súa formación e incrementar así as súas posibilidades de poder acceder a un posto de traballo.

<<< Novembro 2026 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal