O Concello de Narón ofrece ós seus cidadáns unha conta persoal de correo electrónico coa fin de promover o uso de internet e do correo electrónico entre os seus veciños.
O servicio estará operativo a vartir do vindeiro día 1 de abril, ainda que as solicitudes poderanse efectuar a partir deste momento.
As direccións de correo que o Concello de Narón facilitará seguirán a seguinte estructura: usuario@naronmail.net
O servicio de correo electrónico preséntase en dúas modalidades:"webmail" e "pop3", esto quere decir, que pode acceder ó correo desde esta web e a través do seu cliente de correo habitual (outlook, eudora, etc).
Cada cidadán poderá dispor dunha conta de correo electrónico. Esta cuenta terá unha capacidade de 20 Mb.
A alta no servicio de correo electrónico solicitarase; a través desta web e o servicio estará operativo en dous días.